CASARES Carlos - Santiago de Compostela.
Année de parution: 2017
Langue: Anglais English en Gallego Galego Galician gl
(ESP. Galaxia. 2017) : "a cidade do milagre". Santiago étude (gl) (en)
Publié le
26 décembre 2019
Messages
O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria por Compostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo. O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria por Compostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo. Os textos, escritos orixinariamente en castelán no ano 1993, están ademais traducidos ao galego e ao inglés. Baixo o título Santiago de Compostela, a cidade do milagre, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia publican un libro que reúne dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Os dous textos orixinais foron escritos polo autor en castelán e publicáronse no ano 1993 en revistas especializadas. O primeiro deles, titulado Santiago. Milagro y leyendas, publicouse na revista “Leer”, dedicada ao mundo cultural e literario. O segundo, El milagro de Santiago de Compostela, publicouse en “Ronda Iberia”, a revista de a bordo da compañía aérea. Nestes artigos o escritor realiza unha viaxe literaria pola cidade de Compostela, ao tempo que afonda na lenda do milagre do Apóstolo Santiago. Este volume recolle ademais a tradución de ámbolos dous textos ao galego e ao inglés. O libro, editado en tapa dura, reúne así mesmo unha trintena de fotografías de Santiago, na súa maioría pertencentes ao arquivo do Consorcio de Santiago e ao arquitecto do organismo interadministrativo Ramón Fernández Hermida. As imaxes refírense ao fragmento de texto que ilustran en cada caso. A meirande parte delas amosan distintos espazos da catedral de Santiago, rúas e prazas emblemáticas da cidade histórica, igrexas e outros edificios significativos como a sede da Universidade, esculturas vencelladas ao milagre do Apóstolo, o Camiño de Santiago